Real decreto 1920/2009, do 11 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento xeral da Lei 23/2007, do 8 de outubro, de creación da Comisión Nacional do Sector Postal.

Issuing Organization:MINISTERIO DA PRESIDENCIA
 
EXTRACTO GRATUITO

ÍNDICE

Artigo único. Aprobación do Regulamento de desenvolvemento xeral da Lei 23/2007, do 8 de outubro, de creación da Comisión Nacional do Sector Postal.

Disposición adicional primeira. Constitución efectiva da Comisión Nacional do Sector Postal.

Disposición adicional segunda. Integración do persoal do Ministerio de Fomento na Comisión Nacional do Sector Postal.

Disposición adicional terceira. Referencias ao Ministerio de Fomento existentes noutras normas.

Disposición adicional cuarta. Elaboración do informe ao cal se refire a disposición adicional única do Real decreto 1298/2006, do 10 de novembro, polo que se regula o acceso á rede postal pública e se determina o procedemento de resolución de conflitos entre operadores postais.

Disposición transitoria primeira. Expedientes e procedementos de gastos. Disposición transitoria segunda. Primeiro exercicio económico.

Disposición transitoria terceira. Réxime aplicable ás empresas que figuren inscritas no Rexistro Xeral de Empresas Prestadoras de Servizos Postais.

Disposición transitoria cuarta. Réxime aplicable ás empresas que presten servizos postais non incluídos no ámbito do servizo postal universal e figuren inscritas no rexistro regulado no artigo 53 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Regulamento de desenvolvemento do título II da Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, no relativo ás autorizacións para a prestación de servizos e ao Rexistro Xeral de Empresas Prestadoras de Servizos Postais, aprobado polo Real decreto 81/1999, do 22 de xaneiro.

Disposición derradeira segunda. Competencia do Estado.

Disposición derradeira terceira. Habilitación para o desenvolvemento regulamentario.

Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor.

Capítulo I. Disposicións xerais.

Artigo 1. A Comisión Nacional do Sector Postal. Artigo 2. Réxime xurídico.

Artigo 3. Autonomía.

Artigo 4. Asistencia xurídica.

Capítulo II. Fins, funcións e procedementos da Comisión Nacional do Sector Postal.

Sección 1.ª Das normas xerais.

Artigo 5. Fins da Comisión Nacional do Sector Postal. Artigo 6. Potestade de solicitar información.

Artigo 7. Tratamento da información confidencial.

Sección 2.ª Da función arbitral.

Artigo 8. Función arbitral, principios e normas xerais.

Artigo 9. Formalización da arbitraxe.

Artigo 10. Recusación dos membros do Consello Reitor da Comisión. Artigo 11. Procedemento arbitral.

Artigo 12. Especialidades do procedemento arbitral.

Artigo 13. Substanciación das actuacións arbitrais.

Artigo 14. Laudo arbitral.

Artigo 15. Gastos.

Sección 3.ª Dos títulos habilitantes para a prestación de servizos postais.

Artigo 16. Competencias respecto aos títulos habilitantes para a prestación dos servizos postais.

Sección 4.ª Das outras funcións e procedementos da Comisión Nacional do Sector Postal.

Artigo 17. Garantía da libre competencia e resolución de conflitos.

Artigo 18. Separación de contas e determinación do custo neto do servizo postal universal.

Artigo 19. Funcións respecto á fixación de condicións de acceso á rede postal pública e procedemento aplicable.

Artigo 20. Circulares e procedemento para a súa elaboración.

Artigo 21. Funcións e procedementos de inspección e sanción.

Artigo 22. Funcións en relación cos procedementos de resolución de reclamacións e de resarcimento dos operadores postais cos seus usuarios.

Artigo 23. Funcións en relación co réxime de prezos.

Artigo 24. Informe anual.

Artigo 25. Funcións en relación cos órganos da Comisión Nacional da Competencia. Artigo 26. Outras funcións.

Capítulo III. Da estrutura da Comisión Nacional do Sector Postal.

Sección 1.ª Do Consello Reitor.

Artigo 27. O Consello Reitor.

Artigo 28. Composición do Consello Reitor.

Artigo 29. Nomeamento e cesamento dos membros do Consello Reitor. Artigo 30. Réxime retributivo.

Artigo 31. Incompatibilidades.

Artigo 32. Deber de segredo.

Sección 2.ª Dos demais órganos e da estrutura da Comisión Nacional do Sector Postal.

Artigo 33. Presidente.

Artigo 34. Vicepresidente. Artigo 35. Secretario xeral. Artigo 36. Estrutura e funcións.

Capítulo IV. Do persoal da Comisión Nacional do Sector Postal.

Artigo 37. Réxime de persoal.

Artigo 38. Persoal funcionario.

Artigo 39. Persoal laboral.

Artigo 40. Persoal directivo.

Artigo 41. Relación de postos de traballo.

Artigo 42. Oferta de emprego público.

Artigo 43. Tramitación das convocatorias de selección e provisión de postos de traballo.

Artigo 44. Réxime retributivo.

Artigo 45. Réxime de incompatibilidades.

Capítulo V. Réxime de contratación, orzamentario, patrimonial e económico-financeiro.

Artigo 46. Réxime de contratación.

Artigo 47. Réxime orzamentario.

Artigo 48. Patrimonio.

Artigo 49. Réxime económico-financeiro.

Artigo 50. Réxime de contabilidade aplicable á Comisión Nacional do Sector Postal.

Capítulo VI. Das relacións externas e da sede electrónica.

Artigo 51. Colaboración coa Comisión Nacional da Competencia.

Artigo 52. Colaboración co Consello de Consumidores e Usuarios. Artigo 53. Colaboración coa Administración de xustiza.

Artigo 54. Relacións con outros entes públicos e privados.

Artigo 55. Relacións con órganos doutros Estados ou da Unión Europea. Artigo 56. Sede electrónica.

A Lei 23/2007, do 8 de outubro, creou a Comisión Nacional do Sector Postal como organismo regulador do sector con independencia funcional da Administración xeral do Estado. Esta Comisión configúrase como un organismo público. O seu obxecto é velar pola transparencia e o bo funcionamento do mercado postal, garantir a prestación do servizo postal universal e salvagardar o cumprimento das exixencias de libre competencia.

A Lei 23/2007, do 8 de outubro, regula a súa estrutura, funcións e réxime xurídico e remite a un desenvolvemento regulamentario na súa disposición derradeira cuarta.

No exercicio da potestade regulamentaria e en cumprimento do previsto na mencionada disposición derradeira cuarta, procédese a aprobar o Regulamento de desenvolvemento xeral da Lei 23/2007, de creación da Comisión Nacional do Sector Postal. Nel contéñense as normas reguladoras xerais da Comisión, o réxime xurídico e o procedemento das funcións que se lle encomendan e, en especial, as que atinxen á función arbitral que legalmente lle está atribuída; o réxime dos títulos habilitantes para a prestación dos servizos; a resolución de conflitos entre o prestador do servizo postal universal e outros prestadores; a inspección e sanción; a estrutura da Comisión; o réxime do seu persoal, da contratación, orzamentario, patrimonial e económico-financeiro, e finalmente o réxime de colaboración e relacións do organismo con outras administracións e órganos do Estado.

Na súa virtude, por proposta conxunta do ministro de Fomento, da ministra da Presidencia e da ministra de Economía e Facenda, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 11 de decembro de 2009,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación do Regulamento de desenvolvemento xeral da Lei 23/2007, do 8 de outubro, de creación da Comisión Nacional do Sector Postal.

De conformidade co establecido na disposición derradeira cuarta da Lei 23/2007, do 8 de outubro, de creación da Comisión Nacional do Sector Postal, apróbase o Regulamento de desenvolvemento xeral da citada Lei 23/2007, do 8 de outubro, cuxo texto se inclúe a seguir.

Disposición adicional primeira. Constitución efectiva da Comisión Nacional do Sector Postal.

No prazo de vinte días, contado desde a publicación do real decreto de nomeamento do presidente e dos demais membros do Consello Reitor, procederase á constitución e entrada en funcionamento da Comisión Nacional do Sector Postal, e ao nomeamento do secretario do Consello Reitor, que será tamén secretario xeral da Comisión Nacional do Sector Postal, de conformidade co establecido no artigo 4.5 da Lei 23/2007, do 8 de outubro.

Así mesmo, procederase, no prazo de dous meses a partir da constitución e entrada en funcionamento da Comisión, á constitución dos seus órganos.

O exercicio efectivo das funcións atribuídas á Comisión Nacional do Sector Postal iniciarase na data que para o efecto se determine por orde do ministro de Fomento, momento a partir do cal a Comisión se subrogará en todos os dereitos e obrigas que, despois de ser desempeñados polo Ministerio de Fomento, en virtude da Lei 23/2007, do 8 de outubro, pasan a ser competencia da Comisión, nas condicións establecidas na mencionada lei e nesta disposición, e, en concreto, nos contratos, convenios e noutros acordos perfeccionados no ámbito das competencias asignadas á Comisión.

Disposición adicional segunda. Integración do persoal do Ministerio de Fomento na Comisión Nacional do Sector Postal.

O persoal destinado no Ministerio de Fomento cuxas funcións fosen asumidas pola Comisión Nacional do Sector Postal pasará a depender desta no prazo de dous meses, a partir da súa constitución e entrada en funcionamento, nas condicións establecidas por orde do Ministerio de Fomento, de acordo co previsto e coas garantías establecidas na disposición adicional segunda da Lei 23/2007, do 8 de outubro.

Disposición adicional terceira. Referencias ao Ministerio de Fomento existentes noutras normas.

Entenderanse feitas á Comisión Nacional do Sector Postal todas as referencias ao Ministerio de Fomento e a órganos dependentes del realizadas noutras normas que atribúan a aqueles facultades que afecten as competencias no sector postal outorgadas á dita Comisión pola Lei 23/2007, do 8 de outubro.

Disposición adicional cuarta. Elaboración do informe a que se refire a disposición adicional única do Real decreto 1298/2006, do 10 de novembro, polo que se regula o acceso á rede postal pública e se determina o procedemento de resolución de conflitos entre operadores postais.

O informe sobre a situación do sector postal, a evolución do acceso á rede...

Para continuar leyendo

SOLICITA TU PRUEBA