Real decreto 217/2008, do 15 de febreiro, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento e das demais entidades que prestan servizos de investimento e polo que se modifica parcialmente o Regulamento da Lei 35/2003, do 4 de novembro, de institucións de investimento colectivo, aprobado polo Real decreto 1309/2005, do 4 de novembro. («BOE» 41, do 16-2-2008.)

Issuing Organization:MINISTERIO
 
EXTRACTO GRATUITO

Banco de España ditará as disposicións necesarias para a aplicación do réxime previsto na disposición transitoria primeira da Lei 36/2007, pola que se modifica a Lei 13/1985, do 25 de maio, de coeficientes de investimento, recursos propios e obrigas de información dos intermediarios financeiros e outras normas do sistema financeiro.

Disposición derradeira sétima. Incorporación do dereito da Unión Europea.

Mediante este real decreto incorpórase parcialmente ao dereito español a Directiva 2006/48/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de xuño de 2006, relativa ao acceso á actividade das entidades de crédito e ao seu exercicio e a Directiva 2006/49/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de xuño de 2006, sobre a adecuación do capital das empresas de servizos de investimento e as entidades de crédito.

Disposición derradeira oitava. Entrada en vigor.

  1. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no 'Boletín Oficial del Estado', salvo o previsto no número 2.

  2. O disposto na disposición derradeira primeira e na disposición derradeira segunda deste real decreto entrará en vigor o día 1 de xullo de 2008.

    Dado en Madrid o 15 de febreiro de 2008.

    JUAN CARLOS R.

    O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía e Facenda,

    PEDRO SOLBES MIRA 2824 REAL DECRETO 217/2008, do 15 de febreiro, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento e das demais entidades que prestan servizos de investimento e polo que se modifica parcialmente o Regulamento da Lei 35/2003, do 4 de novembro, de institucións de investimento colectivo, aprobado polo Real decreto 1309/2005, do 4 de novembro. ('BOE' 41, do 16-2-2008.) I A recente Lei 47/2007, do 19 de decembro, pola que se modifica a Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, incorpora ao dereito español a Directiva 2004/39/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, relativa aos mercados de instrumentos financeiros.

    Esta Directiva 2004/39/CE foi desenvolvida en determinados aspectos por outras dúas normas comunitarias: a Directiva 2006/73/CE da Comisión, do 10 de agosto de 2006, pola que se aplica a Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos organizativos e as condicións de funcionamento das empresas de investimento e termos definidos para efectos da devandita directiva, e o Regulamento 1287/2006/CE da Comisión, do 10 de agosto de 2006, polo que se aplica a Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello no relativo ás obrigas das empresas de investimento de levar un rexistro, a información sobre as operacións, a transparencia do mercado, a admisión a negociación de instrumentos financeiros, e termos definidos para efecto da devandita directiva.

    Aínda que a lei recolleu algún aspecto limitado da Directiva 2006/73/CE, é necesario completar a transposición da citada directiva. Por tanto, este real decreto ten como obxectivo fundamental finalizar esa transposición e completar o desenvolvemento regulamentario do réxime aplicable ás entidades que prestan servizos de investimento tras os cambios introducidos recentemente na Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, afondando nos principios que xa inspiraron a modificación da citada lei.

    Estes principios que inspiraron o real decreto e que emanan dos que foron o motor da recente reforma da Lei do mercado de valores son os seguintes: a modernización dos mercados financeiros para os adaptar ás novas necesidades (amplíanse os servizos de investimento, creando, pola súa vez, un novo tipo de empresa de servizos de investimento); o reforzo das medidas dirixidas á protección dos investidores (establécese no real decreto un amplo catálogo de normas a que debe suxeitarse a actuación dos que presten servizos de investimento); e, por último, a adaptación dos requisitos de organización exixibles ás entidades que prestan servizos de investimento para garantir que, en xeral, a súa organización se adecua á complexa gama de servizos que prestan.

    O real decreto actual refunde dous reais decretos (o Real decreto 867/2001, do 20 de xullo, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento, e o Real decreto 629/1993, do 3 de maio, sobre normas de actuación nos mercados de valores e rexistros obrigatorios) nun único texto normativo, de modo que se establece nunha única norma global o réxime xurídico aplicable ás entidades que prestan servizos de investimento (empresas de servizos de investimento e os seus axentes, entidades de crédito e sociedades xestoras de institucións de investimento colectivo).

    II O real decreto consta de oitenta e un artigos, divididos nun título preliminar e catro títulos, unha disposición adicional, dúas disposicións transitorias, unha derrogatoria e cinco derradeiras.

    O título preliminar desenvolve as cuestións xerais.

    Primeiramente, aclara o ámbito de aplicación da norma, sendo preciso distinguir entre as empresas de servizos de investimento, ás cales é de aplicación todo o real decreto, por un lado, e, por outro, as restantes entidades que prestan servizos de investimento, en concreto, entidades de crédito e sociedades xestoras de institucións de investimento colectivo, ás cales lles son de aplicación aqueles artigos relevantes cando prestan servizos de investimento (principalmente, certas normas de organización interna e as normas de conduta). Ademais, o título preliminar recolle unha serie de definicións de conceptos utilizados ao longo do real decreto e detállanse certos requisitos exixibles cando as entidades que presten servizos de investimento proporcionen información aos seus clientes.

    O título I establece aspectos fundamentais do réxime das empresas de servizos de investimento, e recolle, en parte, o contido do Real decreto 867/2001, do 20 de xullo, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento, coas novidades introducidas pola Lei 47/2007, do 19 de decembro, pola que se modifica a Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, e incorpora ao dereito espaSuplemento núm. 2 Luns 25 febreiro 2008 223 ñol determinados artigos da Directiva 2006/73/CE da Comisión, do 10 de agosto de 2006. En concreto, ao definir os servizos de investimento concrétase o importante concepto de asesoramento financeiro, distinguíndoo doutro tipo de recomendacións que quedan fóra do seu ámbito. Igualmente, ao desenvolver os servizos auxiliares, detállanse determinados aspectos do réxime aplicable aos informes de investimentos e demais recomendacións de carácter xeral sobre instrumentos financeiros.

    En canto ao réxime de autorización das empresas de servizos de investimento, optouse por establecer un réxime especial de autorización para as empresas de asesoramento financeiro dado o carácter e a natureza peculiar das funcións que realizan. Igualmente, de acordo coa normativa europea, recoñécese a existencia dun tipo especial de axencia de valores autorizada exclusivamente para a recepción e transmisión de ordes sen tomar fondos nin instrumentos financeiros dos seus clientes, con menores requisitos de capital. Por outro lado, cabe destacar a eliminación da exixencia do informe do Comité Consultivo da Comisión Nacional do Mercado de Valores nos procedementos de autorización das empresas de servizos de investimento na procura de dotar o procedemento dunha maior axilidade. Por último, o título I completa o réxime aplicable aos axentes das empresas de servizos de investimento establecido na Lei 24/1988, do 28 de xullo.

    O título II regula outras cuestións aplicables ao réxime xurídico das empresas de servizos de investimento e das demais entidades que prestan servizos de investimento.

    O capítulo I resulta de gran transcendencia, xa que recolle un amplo elenco de requisitos de organización que deben cumprir, por un lado, as empresas de servizos de investimento e, por outro lado, e en todo caso co alcance que se sinala no título preliminar, as entidades de crédito e sociedades xestoras de institucións de investimento colectivo.

    Neste capítulo incorpórase gran parte do articulado da Directiva 2006/73/CE da Comisión, do 10 de agosto de 2006.

    Aínda que se pode aducir que o ordenamento xurídico español anterior non era totalmente alleo aos novos requisitos de organización interna, o certo é que o novo real decreto regula con amplo detalle as exixencias de organización que as entidades deben cumprir para, entre outras materias, xestionar os seus conflitos de interese, delegar funcións esenciais e servizos de investimento en terceiros, manter rexistros das súas actividades e operacións, controlar as operacións persoais dos seus empregados ou protexer os fondos e os instrumentos financeiros dos seus clientes. En definitiva, esta profusa regulación redunda nunha maior seguranza xurídica por parte dos intermediarios financeiros e, por outro lado, facilita o labor dos organismos supervisores. En calquera caso, a norma respecta, cando resulta necesario, a necesaria proporción entre os requisitos exixidos e o tamaño, natureza e características da actividade realizada pola entidade en cuestión.

    Os capítulos segundo e terceiro deste título xa estaban vixentes na normativa anterior e tan só resultan de aplicación ás empresas de servizos de investimento. En concreto, regúlase o réxime financeiro das empresas de servizos de investimento e a capacidade de actuación por conta propia das empresas de servizos de investimento distintas das sociedades de valores.

    O título III recolle o réxime de actuación transfronteiriza das empresas de servizos de investimento, completando o disposto na Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores e, en definitiva, mantendo o réxime xa vixente na normativa anterior.

    III O título IV incorpora ao ordenamento xurídico español, xunto co capítulo I do título II, o groso da Directiva 2006/73/CE da Comisión,...

Para continuar leyendo

SOLICITA TU PRUEBA GRATIS